Baixada significativa dos casos na provincia, con 20 contaxios novos e 72 altas

Dos 425 lucenses infectados 21 permanecen ingresados, un deles no Hospital Público da Mariña; en Viveiro mantense a estabilidade, con doce positivos

Un rapaz con máscara nunha rúa de Burela. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 425, 50 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 20 novos positivos, déronse 72 altas e non houbo ningún falecemento. En Viveiro, que segue en grao de alerta amarela no mapa Covid-19 da Xunta de Galicia, non houbo cambios, polo que se detectan doce contaxiados no municipio.

Dos 425 contaxiados, 21 requiren de atención hospitalaria. Vinte dos ingresados son atendidos no HULA, entre eles os tres en coidados intensivos de toda a área sanitaria. O Hospital Público da Mariña ten un paciente Covid-19. Os restantes 404 doentes pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documentáronse 92 falecementos, 3.009 altas e 3.056 casos acumulados de Covid-19.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña, localízase un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico DomusVi de Viveiro.

MAIORES

79 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia DomusVi Viveiro

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Non se localizan positivos nos centros educativos da Mariña, segundo as mesmas fontes.

815 FALECEMENTOS EN GALICIA E 4.745 POSITIVOS, 63 MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.745 (63 máis ca onte); deles 807 son da área da Coruña, 425 da de Lugo, 1.610 da de Ourense, 416 da de Pontevedra, 632 da área de Vigo, 686 da de Santiago, e 169 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 229 en unidades de hospitalización e 4.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.078 persoas curadas, rexistrándose 815 falecementos. O número de PCR realizadas é de 579.828.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here