IniciosociedadeNova repunta dos casos de Covid-19 na provincia, con 41 positivos novos

Nova repunta dos casos de Covid-19 na provincia, con 41 positivos novos

Dos 450 contaxiados na área lucense 21 permanecen ingresados, un deles no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 450, con 25 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Sergas. Nas últimas 24 horas documentáronse 41 positivos novos e déronse 17 altas, sen que se rexistrasen falecementos de pacientes Covid-19.

Viveiro é o único concello mariñao en alerta, concretamente na amarela -a de menor incidencia do virus-, con doce positivos localizados na última semana. Nas últimas horas non houbo cambios, sen novos infectados nin altas.

Dos 450 contaxiados, 21 permanecen ingresados. Dezanove son atendidos no HULA, entre eles os tres da área sanitaria lucense que requiren coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña ten un doente Covid-19 e o centro hospitalario de Monforte outro.

No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, 3.026 altas e 3.568 contaxiados desde o inicio da pandemia.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña, localízase un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico DomusVi de Viveiro.

MAIORES

79 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

2 Residencia O Incio

11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia DomusVi Viveiro

2 Residencia Domusvi Bóveda

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

4.932 CASOS EN GALICIA, 187 MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos. O número de PCR realizadas é de 586.482.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...