Ourense recibiu esta tarde ventos que superaron os 130 quilómetros por hora (km/h), aínda que toda Galicia se tivo que resgardar da borrasca “Bárbara“, que trouxo refachos de máis de 100 km/h nas catro provincias, informa Meteogalicia.
O máximo valor rexistrouse en Lardeira, en Carballeda de Valdeorras (Ourense), con 130.4 km/h; seguida de Penedo do Galo, en Viveiro (Lugo), con 124,1 km/h; A Gándara, Vimianzo (A Coruña), con 115,8 km/h; e Xesteiras, en Cuntis (Pontevedra), con 111,0 km/h.
Protección Civil e Urxencias alertaron da chegada dun temporal atlántico que trae fortes ventos e choivas intensas en amplas zonas da Península, informa o Ministerio do Interior.
Le a información completa no Galicia Confidencial.