O Papa nomea a Luis Ángel de las Heras novo bispo da Diócese de León

Tomará posesión do cargo o 19 de decembro e por agora non trascendeu quen o relevará á fronte de Mondoñedo-Ferrol

Luís Angel de las Heras. AXM

EFE. A Santa Sé fixo público este mediodía o nomeamento por parte do papa Francisco do actual bispo de Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, como novo prelado da Diócese de León.

Ao mesmo tempo, a Santa Sé anunciaba a aceptación por parte do Papa da renuncia de Julián López Martín, que foi bispo de León desde o ano 2002, ao cumprir os 75 anos.

A toma de posesión de Luis Ángel de las Heras terá lugar o próximo 19 de decembro na Catedral de Santa María de Regla, en León.

Ata a toma de posesión da súa nova diócese, o 19 de decembro de 2020, de las Heras terá a potestade e os deberes dun administrador diocesano, segundo establece o dereito eclesiástico.

A partir do 19 de decembro de 2020, o goberno pastoral da diócese asumirao o Colexio de Consultores, que deberá elixir nun prazo de oito días un administrador diocesano para que desenvolva ese oficio ata a toma de posesión do novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, salvo que a Santa Sé dispuxese outra cousa.

De las Heras despediuse cunha carta da diócese, da que estaba á fronte desde 2016.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here