IniciosociedadeCorenta positivos novos na provincia para un total de 518; o Hospital...

Corenta positivos novos na provincia para un total de 518; o Hospital da Mariña atende un dos 19 ingresados

Ningún dos concellos da comarca está en Alerta 1, establecida en alomenos sete casos novos na última semana, nas horas previas á aplicación das restriccións de nivel 2 en toda Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 518, 21 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 40 novos positivos por PCR e 19 altas, sen que se producisen falecementos.

Dos 518 contaxiados, 19 permanecen ingresados. Dezasete -entre eles os tres pacientes da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- son atendidos no HULA; o Hospital Público da Mariña coida un paciente Covid-19, ao igual que o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, 3.066 altas e 3.676 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Realizáronse 70.070 PCR.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, localízase un único caso nos xeriátricos da Mariña, o dunha traballadora de Domusvi Viveiro.

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da comarca non se localizan positivos, nin entre o persoal nin entre o alumnado, segundo o reconto do Sergas.

Non hai concellos da Mariña en alerta 1 por Covid-19, isto é, todos rexistraron seis casos novos ou menos nos últimos sete días. Esta é a situación epidemiolóxica da bisbarra antes de que se apliquen as restriccións de nivel 2, desde as 00.00 horas do xoves.

836 FALECEMENTOS EN GALICIA, CON 5.457 CASOS, 242 MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.457 (242 máis); deles 905 son da área da Coruña, 518 da de Lugo, 1.494 da de Ourense, 538 da de Pontevedra, 900 da área de Vigo, 851 da de Santiago, e 251 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 294 en unidades de hospitalización e 5.115 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.012 persoas curadas, rexistrándose 836 falecementos. O número de PCR realizadas é de 602.975.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...