IniciosociedadeCinco positivos en colexios de Burela, Viveiro e Foz e dous de...

Cinco positivos en colexios de Burela, Viveiro e Foz e dous de traballadoras en residencias da Mariña

Localizáronse novos casos de Covid-19 nos xeriátricos burelao e San Rafael, de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos de coronavirus na provincia de Lugo ascendeu a 616, 61 máis, con 84 positivos novos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

Dos 616 contaxiados, 24 permanecen ingresados. O HULA atende 19 pacientes Covid-19, entre eles o único da área lucense que require coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña e o Polusa teñen un doente infectado, por tres no centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 92 falecementos, con 3.144 altas e 3.852 casos acumulados.

VIVEIRO SITÚASE EN NIVEL 1 DE ALERTA E TAMÉN BURELA

O municipio de Viveiro sitúase no nivel 1 de alerta, con entre 14 e 28 casos nos últimos 28 días. Tamén Burela, con alomenos sete infeccións no prazo de sete días.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, localizáronse novos casos na Mariña, ambos de traballadores, nos xeriátricos San Rafael de Mondoñedo e de Burela. Súmanse ao da obreira contaxiada en DomusVi Viveiro.

MAIORES

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela

2 Residencia Castro Ribeiras do Lea
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

1 San Rafael (Mondoñedo)
1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)

2 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

DISCAPACIDADE  

17 usuarios  
16 Residencia Domusvi Bóveda

18 traballadores

14 Residencia Domusvi Bóveda
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Tamén se localizaron casos novos nos centros educativos da Mariña: un positivo no CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela; outro no CEIP Fondo Nois de Foz; outro no CEIP de Celeiro e dous no CEP Luís Tobío.

CASE 860 FALECEMENTOS EN GALICIA, CON 6.170 CASOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.170, deles 1.057 son da área da Coruña, 616 da de Lugo, 1.319 da de Ourense, 622 da de Pontevedra, 1.097 da área de Vigo, 1.047 da de Santiago, e 412 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 363 en unidades de hospitalización e 5.761 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.970 persoas curadas, rexistrándose 859 falecementos. O número de PCR realizadas é de 625.004.

O PSdeG PIDE Á XUNTA MÁIS INFORMACIÓN

O grupo socialista na Deputación de Lugo esixirá o vindeiro martes, a través dunha moción no Pleno da Corporación, que a Xunta de Galicia cambie a política de loita contra a pandemia, especialmente nos seus aspectos informativos, e que favoreza unha interlocución directa con alcaldes e presidentes provinciais en relación cos datos da Covid-19.

Os socialistas demandan unha liña de diálogo e colaboración permanente coa Administración local, que teña en conta á FEGAMP, xunto cos alcaldes e alcaldesas das sete grandes cidades e os presidentes e presidentas das catro deputacións. “Dita interlocución ten que ser directa cos rexedores dos municipios máis afectados para consensuar liñas de actuación efectivas e evitar o efecto de estigma que se causa cada vez que os medios adiantan mapas vermellos ou situacións de especial risco que os propios responsables locais non coñecían en detalle, e que xeran intranquilidade nos veciños e incerteza no tecido produtivo”, remarcan.

Na súa proposta, os socialistas tamén reclaman que se informe a diario, de maneira telemática, aos concellos que teñan positivos por Covid-19 dos datos que lles afectan de xeito claro e transparente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...