IniciosociedadeViveiro entra en alerta de nivel 2, con entre 14 e 21...

Viveiro entra en alerta de nivel 2, con entre 14 e 21 positivos novos nunha semana

Segue o aumento dos casos de Covid-19 na provincia, con 59 contaxios en 24 horas para un total de 673; dos 33 ingresados da área sanitaria, o Hospital da Mariña atende un paciente infectado

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Viveiro está en alerta de nivel 2 por coronavirus, con entre 14 e 21 positivos novos nos últimos sete días, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas. Burela mantense no nivel 1, con entre 7 e 14 casos localizados nese mesmo prazo dunha semana.

En relación con Viveiro, se se teñen en conta os datos das dúas últimas semanas, o número de positivos novos está por debaixo dos 28, co que nese prazo mantería cifras de alerta de nivel 1.

O número de casos activos de Covid-19 ascende a 673, 22 máis ca na actualización de onte. Na área sanitaria lucense confirmáronse nas últimas 24 horas un total de 59 contaxios. Non se produciron falecementos.

Dos 673 contaxiados, 33 permanecen ingresados, polos 27 de onte. O Hospital da Mariña atende un paciente Covid-19, por catro do centro hospitalario de Monforte e un do Polusa. Os restantes 27 fican no HULA, entre eles os dous da provincia que requiren de coidados intensivos.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da Mariña, non se detectaron positivos novos. Cóntanse positivos nos xeriátricos de Burela, San Cibrao, Mondoñedo e Viveiro (DomusVi), todos de empregados.

USUARIOS

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

16 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela

2 Residencia Castro Ribeiras do Lea

1 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

1 San Rafael (Mondoñedo)
1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)

2 Residencia O Incio
11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

14 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

MÁIS DE 6.700 CASOS EN GALICIA, CON 868 FALECEMENTOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.766 (335 máis), deles 1.167 son da área da Coruña, 673 da de Lugo, 1.390 da de Ourense, 683 da de Pontevedra, 1.243 da área de Vigo, 1.122 da de Santiago, e 488 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en Uci, 389 en unidades de hospitalización e 6.322 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 25.585 persoas curadas, rexistrándose 868 falecementos. O número de PCR realizadas é de 640.621.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...