Unha charla de Fernández Pacios pechará o xoves o proxecto do GDR para impulsar o Camiño Norte

Trala conferencia o Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda amosará os resultados obtidos no proxecto

Peregrino pola Ponte dos Santos. WIKILOC

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda celebrará o vindeiro xoves 29 de outubro de 2020 ás 18.00h a presentación de resultados do proxecto “Impulso e promoción de experiencias á beira do Camiño do Norte no territorio comprendido polo GDR Terras de Miranda”, subvencionado dentro do programa O Teu Xacobeo. Este proxecto afectou directamente aos concellos polo que atravesa a ruta xacobea: Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Trabada e Mondoñedo e indirectamente aos concellos restantes que compoñen o GDR.

As diferentes actividades realizadas tiveron como obxectivo destacar a riqueza cultural, natural e humana vinculada co Camiño Norte de Santiago na Mariña Lucense.

Cartel da charla. AXM

Esta última actividade consistirá na realización dunha conferencia sobre o Camiño do Norte na Mariña da man de Juan Ramón Fernández Pacios, ademais dunha presentación na que o GDR Terras de Miranda amosará os resultados obtidos no proxecto e presentará o dossier “Vive el Camino del Norte”, así coma o audiovisual promocional do proxecto. Por último, terá lugar unha degustación de produtos KM0 do Territorio Terras de Miranda.

Ademais, debido á situación xerada polo Covid-19 levaranse a cabo unha serie de medidas de prevención para limitar o risco de contaxio entre os asistentes coma a limitación de aforo e a utilización da máscara e do xel desinfectante.

Todas as actividades levadas a cabo neste proxecto son totalmente gratuítas e teñen prazas limitadas. Para mais información, pode contactarse a través do correo electrónico terrasdemiranda.turismo@gmail.com ou no número de teléfono 673 472 735.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here