IniciosociedadeFoz e Ribadeo súmanse a Burela, os tres en alerta 1, mentres...

Foz e Ribadeo súmanse a Burela, os tres en alerta 1, mentres que Viveiro mantense en aviso 2 por Covid-19

Nas residencias da Mariña hai tres maiores e catro obreiros contaxiados, mentres que nos centros educativos localízanse nove casos; os positivos na provincia ascenden a 743, 72 novos

Publicada o

- Advertisement -

Os municipios de Foz e Ribadeo sumánse ao de Burela e están en alerta 1 de Covid-19, con entre sete e 14 positivos novos na última semana, segundo os datos ofrecidos este mércores polo Sergas. Viveiro mantense en nivel 2, con entre 14 e 21 contaxios nos últimos sete días. Así o confirmou o alcalde focego, o socialista Fran Cajoto, que confirmou que no municipio hai sete afectados polo coronavirus, dous localizados nas últimas 24 horas.

O número de casos activos na provincia ascende a 743, 52 máis ca onte. O Sergas confirmou 72 novos positivos por PCR con respecto á anterior actualización.

Dos 743 contaxiados da área lucense, 32 están ingresados. Vinte e cinco son atendidos no HULA, entre eles os dous pacientes da provincia que requiren de coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña coida un doente Covid-19, por cinco do centro hospitalario de Monforte e un do Polusa.

No histórico da pandemia documéntanse 92 falecementos, 3.248 altas e 4.083 contaxiados.

RESIDENCIAS

Con respecto ás residencias, nos xeriátricos da Mariña Lucense non se documentaron positivos novos desde a anterior actualización.

MAIORES

3 Residencia San Cibrao (Cervo)

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

18 Residencia Domusvi Bóveda

4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
1 Residencia DomusVi Chantada

1 Residencia San Cibrao (Cervo)
1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

14 Residencia Domusvi Bóveda
2 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos da Mariña, os positivos no Ceip Vista Alegre de Burela ascenden a tres. Hai dous casos no CEP Lois Tobío, e un no CPR Landro, CEIP de Celeiro, CEIP Fondo Nois e IES Illa de Sarón.

461 POSITIVOS MÁIS EN GALICIA PARA 7.535

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.535, deles 1.285 son da área da Coruña, 743 da de Lugo, 1.414 da de Ourense, 785 da de Pontevedra, 1.502 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 620 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 62 están en Uci, 392 en unidades de hospitalización e 7.081 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.034 persoas curadas, rexistrándose 882 falecementos. O número de PCR realizadas é de 654.482.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...