IniciosociedadeBurela entra en alerta 2 por coronavirus e o Hospital da Mariña...

Burela entra en alerta 2 por coronavirus e o Hospital da Mariña atende dous positivos

O municipio burelao suma entre 7 e 14 positivos novos nos últimos sete días, igual que Viveiro; Foz segue en aviso 1 e Ribadeo baixa ao nivel 0, con menos de sete contaxios nunha semana

Publicada o

- Advertisement -

O municipio de Burela entrou este xoves en alerta 2 por coronavirus, con entre 14 e 21 casos novos nos últimos sete días, segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia. Na mesma situación está Viveiro desde días atrás, aínda que ambos municipios contan menos de 28 positivos detectados nas últimas dúas semanas, de acordo coa mesma fonte. Foz mantense na intensidade máis baixa de advertencia, a 1, mentres que a situación epidemiolóxica reláxase en Ribadeo ao nivel 0, con menos de sete casos no prazo dunha semana.

O número de positivos activos de Covid-19 na provincia de Lugo é de 782, 39 máis ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse por PCR outros 52 contaxios. Rexistrouse neste mesmo período un falecemento, o dun home de 104 anos ingresado no HULA.

Dos 782 infectados, 39 permanecen ingresados. O HULA atende 31 pacientes Covid-19, entre eles os cinco da área lucense que requiren coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña coida de dúas persoas positivas, unha máis ca onte, mentres que o centro hospitalario de Monforte ten cinco doentes infectados e o Polusa un.

No histórico da provincia documéntanse 93 falecementos, 3.264 altas e 4.139 casos acumulados.

Mapa de alertas por Covid-19 do 29 de outubro en Galicia. AXM

UN NOVO CASO ENTRE O PERSOAL NA RESIDENCIA DE CERVO

Nas residencias da Mariña Lucense documentouse nas últimas horas un novo caso, o dun traballador do xeriátrico de San Cibrao, en Cervo. Os positivos localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

3 Residencia San Cibrao (Cervo)

13 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

18 Residencia Domusvi Bóveda

4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia de maiores de Burela
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
1 Residencia DomusVi Chantada

2 Residencia San Cibrao (Cervo)
1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro

14 Residencia Domusvi Bóveda
2 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Non se localizaron novos casos nas últimas 24 horas nos centros educativos da bisbarra: tres casos no Ceip Vista Alegre de Burela, dous no CEP Lois Tobío de Viveiro e un no CPR Landro, Ceip de Celeiro, Ceip Fondo Nois e IES Illa de Sarón.

618 POSITIVOS NOVOS EN GALICIA PARA 7.930

A Comunidade galega rexistrou outros 618 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deste xeito Galicia roza os 8.000 casos activos ao ascender a 7.930, 395 máis có mércores.

Pola súa banda, a área Sanitaria da Coruña e Cee conta con 1.358 casos activos, o que supón 73 máis; a de Santiago e Barbanza, 1.251 –65 máis–; a de Pontevedra e O Salnés sobe a 838 –57 máis–; a de Lugo colócase con 782 –39 máis– e a de Ferrol ten 670 –50 máis–. Na de Ourense lixeiramente a 1.407 –sete menos– e Vigo mantense á cabeza, con 1.624, o que supón 122 máis que a xornada pasada.

Con respecto aos falecidos con Covid-19 en Galicia, ascenden a 889 tras notificar Sanidade na tarde deste mércores a morte de sete persoas, tres delas na residencia dos Gozos do Pereiro de Aguiar (Ourense). Todos eles presentaban patoloxías previas.

Ata a data déronse 26.270 altas en Galicia, 236 máis que este mércores, e realizáronse 663.251 PCR.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...