Falece no Hospital Público da Mariña un paciente Covid-19 de 82 anos

Nas últimas horas morreron tamén en Galicia outras sete persoas contaxiadas de coronavirus

Hospital Público da Mariña. PLATAFORMA

Un paciente de Covid-19 que permanecía ingresado no Hospital Público da Mariña, de 82 anos de idade, faleceu este venres, segundo concretaron a última hora da tarde fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Nas últimas horas morreron tamén en Galicia outras sete persoas contaxiadas de coronavirus. Foron unha muller de 86 anos que estaba ingresada no CHUS; un home de 72 anos que estaba ingresado no CHOP; un home de 83 anos que estaba ingresado no Hospital Quiron-Salud da Coruña; un home de 81 anos e unha muller de 96 que estaban ingresados no CHUO (esta última procedente da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar); e dúas mulleres de 76 e 86 anos que estaban ingresadas no CHUVI (ambas procedentes do xeriátrico de Salvaterra do Miño). Todas elas presentaban patoxías previas, segundo concretan as mesmas fontes.

No centro hospitalario da comarca non se documentaba un falecemento dun paciente Covid-19 desde o pasado 9 de agosto, cando faleceu unha muller de 83 anos.

2 COMMENTS

  1. Paréceme importante incidir nas causas dos ingresos e incluso defuncións destas persoas, porque non son debidas ao virus COVID-19, senón por outras patoloxías ou complicacións, pero ao ser pacientes que dan positivo xa se inclúen na lista e desta forma falseanse os datos.

  2. Persona, non tes nin idea do que falas. Infórmate antes de escribir cousas así.
    En concreto este falecido era familiar e dera negativo una días antes. O que é increíble é que se sigan contaxiando maiores más residencias cando non poden recibir visitas. Qué medidas toman os empleados enton?

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here