IniciosociedadeCoronavirus: Asturias pide pechar toda actividade non esencial; Cervo e Viveiro seguen...

Coronavirus: Asturias pide pechar toda actividade non esencial; Cervo e Viveiro seguen en alerta vermella

Cinco maiores positivos da residencia de Cervo, onde faleceron tres usuarios con Covid-19, foron trasladados ao Hospital da Costa; en DomusVi Viveiro fixéronse na fin de semana 200 PCR

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno do Principado de Asturias decretou este luns o peche de toda a actividade económica non esencial da rexión, entre ela a hostalería. Así o decidiu o comité de seguimento da Covid-19 reunido na mañá deste luns cunha resolución que se publicará mañá e que entrará en vigor o mércores.

Ademais o Goberno asturiano ademais pedirá o Ministerio de Sanidade que se aprobe un confinamento domiciliario de 15 días, a fin de evitar contaxios.

No tocante á provincia de Lugo, o número de casos activos de coronavirus baixa a 983, tres menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 39 novos positivos novos e dous falecementos, ambos no xeriátrico de San Cibrao -para un total de tres falecidos-.

Dos 983 contaxiados, 38 permanecen ingresados. Vinte e sete deles están hospitalizados no HULA, entre eles os cinco da área lucense que precisan coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña atende catro pacientes; sete o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 98 falecementos, déronse 3.388 altas e hai 4.468 contaxios acumulados. Realizáronse 80.754 PCR, o que supón que nas últimas 24 horas efectuáronse 698 probas na provincia.

No tocante á situación epidemiolóxica dos municipios, Viveiro e Cervo continúan en alerta vermella por incidencia de Covid-19, ao acumular máis de 21 positivos novos nos últimos sete días. Burela está en aviso laranxa, ao confirmar o Sergas entre 14 e 21 casos na última semana, mentres que Foz sitúase en nivel 1, con entre 7 e 14 infectados localizados nese mesmo intervalo de tempo.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, o Sergas non informa por agora de novos casos nin no xeriátrico de San Cibrao nin en DomusVi Viveiro.

O Concello de Cervo informou de que, “ante o posible incremento de tránsito sanitario nas inmediacións do centro de día-residencia nas vindeiras horas, informamos que o Comité Clínico do Sergas acordou derivar inicialmente a cinco dos residentes que deron positivo en Covid-19 aos centros hospitalarios, co obxectivo de tentar previr complicacións que se podan producir no futuro no caso destes pacientes máis vulnerables”.
Por outra banda, María Loureiro amosou a súa “preocupación” pola residencia DomusVi “onde deu positivo un residente e dous traballadores e esta fin de semana fíxoselles probas PCR a 200 persoas, entre traballadores e usuarios”. “Estamos á espera do resultado das análises”, apostilou. Loureiro incide en que se está á espera dos devanditos resultados na residencia, á vez que volve facer unha chamada á “responsabilidade” por parte dos veciños, de “utilizar a máscara, manter a distancia de seguridade e que non haxa grupos de máis de cinco persoas”, concluíu.
MAIORES
18 Residencia San Cibrao (Cervo) (o centro confirmou 25 casos, dous deles faleceron)
1 Residencia Orpea Lugo
1 Residencia DomusVi Monforte
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia DomusVi Viveiro
TRABALLADORES
1 Residencia de maiores de Burela
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada
3 Residencia San Cibrao (Cervo) (o centro confirmou oito casos)
1 Residencia A Veiga (Láncara)
2 Residencia Milagrosa (Lugo)
1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)
1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)
2 Residencia DomusVi Viveiro

CASE 9.300 POSITIVOS EN GALICIA E 923 FALECEMENTOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.292 (180 máis); deles 1.575 son da área da Coruña, 983 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 1.049 da de Pontevedra, 2.072 da área de Vigo, 1.360 da de Santiago, e 954 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 77 están en UCI, 446 en unidades de hospitalización e 8.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 27.752 persoas curadas, rexistrándose 923 falecementos. O número de PCR realizadas é de 700.353.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...