IniciosociedadeAlivio en Viveiro despois de dar negativo as máis de 200 PCR...

Alivio en Viveiro despois de dar negativo as máis de 200 PCR realizadas na residencia DomusVi

O Concello concreta que no xeriátrico viveirense só hai dous casos activos, ambos de obreiras

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro confirmou este martes que as máis de 200 probas PCR realizadas na residencia DomusVi do municipio “foron todas negativas“, de xeito que “só hai dous casos activos a día de hoxe, de dúas coidadoras, que están nos seus domicilios e unha delas nunca estivo en contacto cos residentes”.

O goberno local informou de que o municipio, que xunto a Cervo e Viveiro permanece en alerta vermella pola incidencia de Covid-19, ten “39 casos activos de Covid-19 no municipio”.

A horas de que se anuncie o resultado da reunión do comité clínico da Xunta de Galicia, que decidirá se hai que adoptar restriccións máis severas naqueles municipios con alto índice de contaxios, o executivo municipal afirma que “non contemplamos ninguna medida restritiva a maiores, pero lembra que seguen vixentes as que xa estaban en marcha. A maior parte dos casos son de orixe familiar e están controlados”, sostén.

O Concello quere “transmitir á veciñanza de novo unha mensaxe de tranquilidade, agradecendo o seu esforzo para cumprir as medidas e frear desta forma os contaxios”.

As próximas semanas serán fundamentais para limitar e ter controlada a propagación da pandemia do coronavirus no municipio. É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias e de interacción social, sobre todo nos espazos interiores”, indicou o goberno municipal.

“Lembrade sempre o uso da máscara, o respecto da distancia de seguridade interpersoal, o control dos aforamentos ou evitar as aglomeracións, entre outras medidas”, concluíu.

SEN NOVOS CASOS NA RESIDENCIA DE CERVO

Na residencia de Cervo, na que se localizaron máis de 30 positivos entre persoal e usuarios, con tres maiores falecidos, non se localizaron casos novos nin se produciron altas, segundo o reconto da Consellería de Sanidade.

Alomenos dez anciáns do xeriátrico cervense están ingresados no Hospital Público da Mariña.

Ademais, hai un traballador afectado no xeriátrico de Burela; e outro no centro de maiores San Rafael de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...