IniciosociedadeA hostalería segue nas prazas da Mariña para denunciar a súa situación...

A hostalería segue nas prazas da Mariña para denunciar a súa situación “agónica”

Burela, Viveiro, Ribadeo, San Cosme de Barreiros ou San Cibrao acolleron este xoves novas protestas do sector polo peche da actividade en 60 municipios galegos

Publicada o

- Advertisement -

Burela, Viveiro, Ribadeo, San Cosme de Barreiros ou San Cibrao acolleron este xoves novas protestas do sector da hostalería, que permanece pechado en 60 municipios galegos, entre eles os concellos burelao e viveirense. Decenas de veciños secundaron as concentracións, ante os consistorios, agás no municipio cervense, onde a convocatoria foi na Praza dos Campos sancibrense.

Baixo o lema ‘Salvemos a hostalería‘ houbo protestas por toda a xeografía española, e dentro da provincia en varias localidades, entre elas a capital, onde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), que se reuniu coa subdelegada do Goberno central, chamou por un plan de rescate a nivel estatal.

Na Mariña, ducias de traballadores de Alcoa San Cibrao, chamados polo comité de empresa, acudiron ás concentracións vestidos coa súa roupa de traballo, para apoiar as reivindicacións da hostalería e para visibilizar o conflito laboral da fábrica.

ENCONTRO TELEMÁTICO DO BNG EN VIVEIRO COS EMPRESARIOS

O BNG de Viveiro manterá este venres (16.00 horas) un encontro telemático cos empresarios do sector hostaleiro, que se poderá seguir nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...