InicioEconomíaA Deputación investirá 39.000 euros nun plan de formación para asegurar o...

A Deputación investirá 39.000 euros nun plan de formación para asegurar o relevo das redeiras

As obreiras "están asumindo unha gran carga de traballo para a cal non hai man de obra dabondo e teñen que derivar encargos a outras zonas de Galicia", remarca o goberno provincial

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou un convenio coa Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia que ascende a preto de 39.000 euros, para impulsar un proxecto de integración da muller no mercado de traballo. En concreto, “o obxectivo é formar ás mulleres que queiran desenvolver a súa carreira profesional no sector do mar facendo o traballo de redeiras e, ademais, darlles as claves para que poidan exercer este traballo por conta propia”, explicou.

“Esta é unha formación importante porque somos conscientes de que as redeiras viven nun momento crucial. Case non existe relevo xeracional e están asumindo unha gran carga de traballo para a cal non hai man de obra dabondo, polo menos de momento”, subliñou o Presidente. “Agora mesmo, as redeiras teñen que derivar encargos a outras zonas de Galicia porque non poden con medios propios responder á demanda que hai”, salientou.

NOCIÓNS PARA QUE POIDAN TRABALLAR POR CONTA PROPIA

O convenio recolle un plan de 370 horas para que as participantes adquiran a formación necesaria para presentarse ás probas de capacitación profesional previstas para os vindeiros meses, un requisito fundamental para exercer este traballo que dá máis posibilidades de inserción laboral. O programa formativo recolle cuestións específicas para exercer correctamente en todas as artes de pesca que se traballan na costa galega, pero tamén uns módulos con coñecemento básicos sobre o funcionamento dunha empresa.

“Queremos que ademais de aprender un oficio no que escasean profesionais cualificadas, aprendan de fiscalidade, xestións administrativas, xestión do comercio, idiomas, xestións de redes sociais e doutros moitos aspectos que son necesarios hoxe en día para traballar por conta propia”, indica Tomé.

Este plan vai dirixido a mulleres en situación de desemprego ou que se atopen nunha situación de precariedade laboral. A pesca é un dos grandes motores da provincia, e na comarca da Mariña este sector xera entre 5.000 e 6.000 empregos e demanda persoal case de forma continua para as Confrarías de Pescadores de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo.

CONVENIO CO CONCELLO DO VALADOURO

Por outra banda, este venres o Concello do Valadouro e o goberno provincial asinaron o acordo do convenio por 114.000 euros para distintos proxectos.

Unha parte do investimento, 43.000 euros, será para o proxecto de construción de 22 vivendas protexidas, nun edificio que terá un soto con 22 prazas de garaxe, 22 rochos, planta baixa con locais comerciais, 3 alturas e 1 planta baixacuberta. “Os prezos das vivendas estarán regulados e serán asequibles para que a xente moza poida optar a elas”, subliñou Tomé.

Este convenio tamén contempla o acondicionamento e equipamento dun inmoble municipal para a creación dun centro de día en Ferreira por importe de preto de 57.000 euros. O edificio onde se van efectuar os traballos está destinado a vivendas sociais e a súa planta baixa a centro de día. As actuacións estarán enfocadas a resolver as deficiencias detectadas no seu estado, a garantir a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida e a crear un espazo acorde co uso pretendido. Finalmente, 14.000 euros irán destinados á adquisición de bombas de recirculación para a piscina municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...