IniciosociedadeViveiro ten 46 positivos, sete menos có pasado mércores: "estámonos estabilizando", afirma...

Viveiro ten 46 positivos, sete menos có pasado mércores: “estámonos estabilizando”, afirma a alcaldesa

No concello detéctanse "entre cero e dous casos novos" por día "de persoas xa confinadas"; localizáronse "dous ou tres brotes" sen que nos últimos días aparecese ningún abrocho novo

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, concretou este domingo que o concello, que se mantén en alerta laranxa por coronavirus, ten 46 positivos activos, polo que entende que a situación epidemiolóxica se está a “estabilizar” no municipio.

Viveiro é o único concello da Mariña en alerta laranxa, mentres Foz, Burela, Xove e Ribadeo sitúanse en nivel 1 de advertencia, con entre 7 e 14 positivos na última semana. De acordo coa mesma fonte, o municipio viveirense sumou nese mesmo prazo entre 14 e 21 casos novos.

O MUNICIPIO SEGUE PECHADO E COA HOSTALERÍA CLAUSURADA, AO IGUAL CA BURELA

O concello viveirense, ao igual que o de Burela, é un dos 60 concellos galegos que desde o pasado día 7 de novembro padecen restricións a fin de atallar a pandemia, principalmente no tocante á hostalería, co peche dos establecementos, e á mobilidade, cun confinamento perimetral que non se revisará ata, como moi cedo, o vindeiro martes, cando se reúna o comité clínico da Xunta de Galicia.

Os 46 positivos activos de Covid-19 confirmados son sete menos dos 53 documentados o pasado 12 de novembro, cando o termo municipal saíu do aviso vermello no mapa de incidencia epidémica do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Deste xeito, Loureiro valorou que “os positivos que imos tendo nos últimos días estaban xa confinados ao ser contactos, o que nos fai pensar que de momento a situación está controlada”. O pasado sábado localizáronse no municipio dous novos contaxios, un deles relacionado co barco Siempre Antares, e o venres non houbo ningún, cando “hai dúas semanas documentabamos entre cinco e nove infeccións novas por día. Nos últimos sete días houbo varias xornadas sen casos”, explica a rexedora, que concretou que “houbo dous ou tres brotes” que as autoridades sanitarias foron cercando sen que se localizase ningún abrocho novo.

AGRADECE A “RESPONSABILIDADE” DOS PESQUEIROS QUE SE SOMETERON A PCR VOLUNTARIAS

Loureiro agradeceu “a responsabilidade” demostrada polas tripulacións de dous buques tamén con base en Celeiro, o Nuevo Socio e o Bautista Pino, que -dado que traballan en parella- solicitaron as probas PCR tras padecer un catarro un dos mariñeiros.As 18 PCR realizadas foron negativas.

Tamén destacou dedicación da responsable do Hospital Público da Mariña, María José Cortés Canay, coa que está “permanentemente en contacto” para coñecer a evolución epidemiolóxica do municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...