IniciosociedadeA ONCE deixa en Foz 260.000 euros repartidos en 13 premios de...

A ONCE deixa en Foz 260.000 euros repartidos en 13 premios de 20.000

O vendedor que repartiu a sorte entre os focegos foi Perfecto Parga Sánchez, do expositor da Avenida da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O Cupón Fin de Semana da ONCE deixou no municipio de Foz 260.000 euros ao resultar premiados 13 boletos co premio ás cinco cifras, o que supón 20.000 euros cada un.

Segundo informou a ONCE nun comunicado, o vendedor que repartiu a sorte entre os focenses foi Perfecto Parga Sánchez, que vende nun expositor na Avenida da Mariña número 45 de Foz.

Desde primeira hora da mañá deste luns xa o visitaron varios clientes afortunados, destacou a organización, que engade que o diñeiro “está moi repartido entre mulleres e homes, todos compradores habituais durante a semana”.

Parga leva pouco máis dun ano coa venda de produtos de xogo da ONCE e desde o pasado decembro nesta céntrica rúa de Foz. Ten unha discapacidade física por mor dun grave accidente de tráfico cando se dirixía ao seu anterior traballo nunha carpintaría metálica de aluminio e “está moi contento de poder canalizar de novo a súa vida laboral incorporándose á ONCE”, destacou a entidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...