Foz sitúase en alerta laranxa mentres Burela segue en aviso vermello

Baixan os casos activos na provincia, malia confirmarse 51 positivos novos, e redúcese a 50 o número de ingresados, dez deles no Hospital da Mariña

Mapa epidemiolóxico a 19 de novembro. SERGAS

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.072, 28 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 51 casos novos por PCR.

Dos 1.072 lucenses contaxiados, 50 permanecen ingresados, nove menos ca na anterior actualización. O Hospital Público da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, tres menos; o HULA coida de 34 doentes infectados, entre eles cinco da área sanitaria que requiren coidados intensivos, por seis o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 115 falecementos, 4.420 altas e 5.607 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Ademais, fixéronse 95.009 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 784 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, Burela mantense en alerta vermella -máis de 21 casos documentados nunha semana-, mentres que Foz sitúase en aviso laranxa, con entre 14 e 21 positivos novos nos últimos sete días. Viveiro, Xove, Cervo e Ribadeo están en nivel amarelo, a advertencia de menor grao de intensidade, con entre sete e 14 contaxios nese mesmo prazo.

9.098 POSITIVOS ACTIVOS EN GALICIA, CON 667 CASOS NOVOS

No relativo a Galicia, os contaxios da Covid-19 detectados por PCR en 24 horas ascenden a 667, cifra que supón untotal de 166 casos máis que os notificados hai un día. O maior incremento prodúcese en Vigo, onde os positivos detectados dispáranse ata os 282.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste xoves na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18.00 horas do mércores que reflicten un novo incremento dos casos activos tras varios días de descensos. En concreto, soben en 47 e sitúanse en 9.098. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here