IniciosociedadeO gromo de Vilalba dispara os casos novos na provincia, 167; Ribadeo...

O gromo de Vilalba dispara os casos novos na provincia, 167; Ribadeo sae da alerta amarela

Burela segue en aviso vermello e Viveiro en nivel 1; a presión hospitalaria mingua a 50 ingresados, dos que o Hospital da Mariña atende oito

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus disparouse na provincia de Lugo, ascendendo a 1.194, 122 máis ca onte, segundo recolle o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 167 positivos novos por PCR, 132 deles na residencia de Vilalba.

Mentres se disparan os casos activos, a presión hospitalaria mingua. Son 47 os ingresados nos centros hospitalarios da provincia, por 50 do pasado xoves. O Hospital Público da Mariña atende oito pacientes con Covid-19, por 34 do HULA -entre eles os cinco da área sanitaria que requiren de coidados intensivos- e cinco Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 115 falecementos, 4.466 altas e 5.775 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 95.854 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 845 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, nos concellos da Mariña só hai unha variación, a saída de Ribadeo da alerta amarela. Burela permanece en aviso vermello, coa vila confinada perimetralmente e coa hostalería pechada. Tamén sofre estas restricións Viveiro, que nos últimos días baixou a un nivel 1. Este venres reúnese o comité clínico da Xunta de Galicia.

En nivel 1 de alerta, ao igual que Viveiro, están Xove e Cervo, mentres que Foz permanece en aviso laranxa, con entre 14 e 21 casos novos nos últimos días.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...