IniciosociedadeEn Burela confirmáronse 39 positivos nos últimos 14 días, por 26 en...

En Burela confirmáronse 39 positivos nos últimos 14 días, por 26 en Viveiro, 23 en Foz e 11 en Ribadeo

O Sergas prescinde desde este sábado do 'mapa semáforo'; en Vicedo, Ourol e Riotorto non se diagnosticaron casos novos no mesmo prazo

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.139, 55 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización, e cos datos pechados ás 18.00 horas de onte, confirmáronse 55 novos casos.

Dos 1.139 contaxiados, 50 permanecen ingresados. O HULA atende 36 pacientes con Covid-19, entre eles os cinco da área sanitaria que requiren de coidados intensivos; o Hospital Público da Mariña coida de oito e o centro hospitalario de Monforte de seis.

No histórico da provincia documéntanse 117 falecementos, o último deles dun home de 93 anos usuario da residencia de San Cibrao, no día de onte; ademais, déronse 4.576 altas e 5.832 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 96.613 PCR, o que implica que nas últimas horas efectuáronse 759 probas (o 7,24% positivas).

NOVO CAMBIO NA COMUNICACIÓN DA INFORMACIÓN

No tocante á situación epidemiolóxica, a Xunta de Galicia facilitou este sábado por primeira vez datos municipais, despois de negalos durante toda a pandemia, e de proporcionar a cambio un ‘mapa semáforo‘ de incidencia da Covid-19 que provocou numerosas confusións ao non coincidir os termos municipais en vermello -en función dun único criterio epidemiolóxico- cos que sofren restricións coma Burela ou Viveiro -decisións para as que se toman en conta máis factores, segundo o Sergas-.

Aínda así, a Xunta mantén a súa política de evitar ofrecer os positivos activos que hai en cada concello, proporcionando os casos novos localizados nos últimos 14 días. E ofrece cifras sobre incidencia en proxección a 100.000 habitantes non concretas, senón aproximadas.

CERVO ACUMULOU 14 CASOS NOVOS E XOVE 11

Así, non se localizaron contaxios nas últimas dúas semanas no VicedoOurol e Riotorto, cunha taxa de incidencia inferior aos 25 positivos por 100.000 habitantes.

En Viveiro, nese mesmo prazo detectáronse 26 positivos, cunha incidencia en proxección a 100.000 habitantes de entre 150 e 250 casos; en Burela, 39 (cunha incidencia superior aos 250 contaxios por 100.000 habitantes), entre eles os diagnosticados no Adviento Uno; en Cervo, onde hai un gromo de importancia na residencia, 14, e en Xove, 11 (ambos por riba dos 250); en Foz, 23 (entre 150 e 250 positivos). En Ribadeo, que o pasado venres volveu ao nivel verde de Covid-19, 11 (entre 50 e 150).

O VALADOURO, ALFOZ, MONDOÑEDO, LOURENZÁ, BARREIROS, A PONTENOVA E TRABADA, “ENTRE UN E NOVE POSITIVOS”

Nos casos do Valadouro, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A PontenovaTrabada a Xunta cuantifica a incidencia do virus “entre un e nove” casos novos no prazo deses 14 días. As incidencias acumuladas máis importantes son no municipio valadourense (por riba dos 250 positivos por 100.000 habitantes) e no barreirense (entre 150 e 250).

561 POSITIVOS MÁIS EN GALICIA

No tocante a Galicia, rexistra outros 561 casos de Covid-19, con Vigo como o principal foco de contaxio. Os casos activos de coronavirus baixan da barreira dos 9.000, pero a positividade das PCR sitúase no 8,6%, aínda por encima do 5% que marca a OMS como limiar para dar por controlada a pandemia. Le a información completa no Galicia Confidencial.

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

FOZ E.I de Foz 1 1 0

RIBADEO E. I. Nosa Señora do Campo 2 1 0

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1 0 0

BURELA IES Monte Castelo 2 0 0
BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP Península da Paz 1 1 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 1 0 0
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1 0 0
FOZ IES de Foz 2 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 1 0 0
VIVEIRO EEI San Roque 1 0 0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 1 1 0

RESIDENCIAS

MAIORES

29 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

10Residencia San Salvador (Guntín)

4 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia de Monforte

114 Residencia Asilo Vilalba

10 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

18 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

1 Residencia Volta do Castro (Santiago)
3 Fogar Residencial San Miguel (Silleda)
3 Residencia DomusVi Chantada

12 Residencia San Cibrao (Cervo)

5 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

18 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia DomusVi Viveiro

4 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...