IniciosociedadeO Sergas di que "non decide" onde se confinan as tripulacións contaxiadas...

O Sergas di que “non decide” onde se confinan as tripulacións contaxiadas tralas críticas polo caso do Adviento I

Tras reclamar a CIG e os mariñeiros, un dos cales foi ingresado, dispoñer dun lugar para pasar a corentena fóra do barco, Sanidade responsabiliza "ao armador" de buscar unha alternativa

Publicada o

- Advertisement -

O responsable da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, xustificou a posición do Servizo Galego de Saúde (Sergas) respecto do illamento dos 17 mariñeiros do Adviento Uno contaxiados de coronavirus. A propia tripulación, que onte cumpriu unha semana no porto, e sindicatos como a CIG reclamaron á Xunta de Galicia que deixe aos traballadores pasar as corentenas nas súas propias casas, pois entenden que un buque pesqueiro non é o lugar axeitado. Un dos afectados foi trasladado nos últimos días ao Hospital Público da Mariña.

“Respecto a onde unha tripulación contaxiada faga o illamento, loxicamente será nun sitio onde non teña contacto con ninguén. O Sergas non decide o lugar; neste caso foi o armador ou a situación familiar dos propios mariñeiros. Nós non indicamos que sexa no barco, pero si indicimos en que ese illamento ten que ser total. Se non teñen condicións pois comparten a vivenda habitual con máis xente e non se pode facer un confinamento veraz no domicilio, hai que buscar alternativas, que ten que procurar o armador, non Sanidade”, argumentou.

Ares engadiu que despois de facer a PCR a todos os mariñeiros unha vez chegado o barco a porto, con 17 resultados positivos, “a decisión de facer o illamento foi unha decisión conxunta do armador e dos propios mariñeiros”.

SEGUIMENTO

No tocante ao seguimento de positivos por Covid-19 neste tipo de casos, Ares afirmou que “estase a facer por atención primaria, coma no resto das situacións, independentemente de que estean no domicilio ou no barco. Se fose necesaria unha atención maior, temos o Hospital da Mariña, e de feito un dos mariñeiros do buque está ingresado”, indicou. “Se non se precisa hospitalización pero si un seguimento máis estreito, por factores de risco, faise a través de TELEA (Plataforma de teleasistencia domiciliaria) do HULA”, concluíu.

A CIG ASEGURA QUE “SOBRAN SITIOS” ONDE UBICAR OS MARIÑEIROS

A CIG criticara que Goberno autonómico “non conte cun protocolo claro e efectivo” no caso dos barcos pesqueiros, “cando xa hai precedentes similares, e demanda da Administración galega que actúe de inmediato porque sobran sitios onde atender dignamente a estes traballadores”.

A central nacionalista sinalara que un barco pesqueiro “non é un lugar axeitado nin polas súas dimensións, nin pola súa dotación, nin polas súas condicións sanitarias para pasar a corentena por coronavirus”, e reclamara botar man “para isto da rede de Casas do Mar e oficinas locais do ISM, moitas das cales están na actualidade sen uso ou infrautilizadas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...