IniciosociedadeA situación epidemiolóxica segue en melloría en Viveiro e mantense nos restantes...

A situación epidemiolóxica segue en melloría en Viveiro e mantense nos restantes concellos da Mariña

Baixa o ritmo de contaxios de Covid-19 na provincia, con 38 positivos novos; o Hospital da Costa atende oito pacientes infectados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.097, 17 menos ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse por PCR un total de 38 positivos novos, polos 56 comunicados o pasado sábado e os 55 do pasado venres.

Dos 1.097 contaxiados, 48 permanecen ingresados. A presión hospitalaria mantense no Hospital Público da Mariña, con oito pacientes con Covid-19; o HULA atende 33 infectados, entre eles os sete da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte coida de sete doentes.

No histórico da provincia documéntanse 117 falecidos, 4.713 altas e 5.927 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 98.051 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 812 probas (o 4,68% positivas).

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA POR MUNICIPIO

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro confirmáronse 17 positivos nos últimos 14 días, polo que o ritmo de contaxio da Covid-19 segue baixando (no día de onte, e tendo en conta ese mesmo prazo de referencia, o dato era de 22 casos novos en dúas semanas). A taxa de incidencia acumulada mantense por debaixo dos 150 contaxios por 100.000 habitantes.

En Burela, o outro concello da Mariña que ao igual que o viveirense permanece confinado perimetralmente e coa hostalería pechada desde o pasado 6 de novembro, o número de positivos novos nos últimos 14 días -boa parte deles relacionados co barco Adviento Uno– é de 36, cifra que non varía respecto a onte, cunha taxa de incidencia acumulada de máis de 250 positivos por 100.000 habitantes.

Con respecto a Foz, detectáronse 24 contaxios novos nos últimos 14 días, un máis con respecto ao mesmo valor no día de onte. A situación non varía nin en Cervo (14), onde hai un gromo de importancia na residencia, nin en Xove (11). En Ribadeo son doce os positivos confirmados nas últimas dúas semanas. Ourol, O Vicedo e Riotorto están libres de Covid-19.

Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, BarreirosTrabada e A Pontenova mantéñense na cifra de entre un e nove casos detectados no mesmo prazo referido.

SEGUEN A BAIXAR OS CASOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.669, 159 menos; deles 1.798 son da área da Coruña, 1.097 da de Lugo, 637 da de Ourense, 1.234 da de Pontevedra, 2.260 da área de Vigo, 959 da de Santiago e 684 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 100 están en UCI, 459 en unidades de hospitalización e 8.110 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 39.674 persoas curadas, rexistrándose 1.146 falecementos. O número de PCR realizadas é de 854.141. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...