IniciosociedadeO goberno de Viveiro levará a pleno prorrogar a suspensión das taxas...

O goberno de Viveiro levará a pleno prorrogar a suspensión das taxas de terrazas e de licenzas de actividade

A aplicación destas ordenanzas fiscais foi anulada no presente ano a raíz do pacto entre os socialistas e Por Viveiro para as axudas á reactivación económica

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Viveiro levará ao pleno de decembro unha proposta para suspender durante o ano 2021 a aplicación das ordenanzas fiscais número 13, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e otros elementos análogos con finalidade lucrativa, e número 6, reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.

Así o anunciou o executivo local a través dun comunicado de prensa, no que concreta que “segundo o Plan de Reactivación Económica acordado con Por Viveiro, o Concello xa acordara suspender a aplicación destas ordenanzas para o exercicio 2020, sendo esta unha medida que se quere aplicar tamén para o vindeiro ano“, a fin de “contribuír á recuperación do municipio”.

O goberno municipal engade que no acordo coa formación independente “xa se contemplaba a posibilidade dunha segunda fase. Agora, tras os rebrotes sufridos e as novas medidas e peches impostos, lévase ao pleno municipal este proposta que suporá unha nova axuda para o vindeiro 2021″, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...