IniciosociedadeO Principado levanta a prohibición de plantar pataca en todos os concellos...

O Principado levanta a prohibición de plantar pataca en todos os concellos agás Vegadeo e San Tirso

Os municipios de Castropol, Cudillero, Navia, Pravia, Taramundi e Valdés, onde se mantivo ata agora o veto ao cultivo, pasarán a ser considerados "zonas tampón"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Goberno do Principado levantará en 2021 a prohibición de sementar pataca pola praga da polilla guatemalteca en todo o territorio de Asturias, excepto en San Tirso de Abres e Vegadeo, dous concellos limítrofes con Galicia que actuarán como barreira fitosanitaria fronte ao foco do municipio galego de Trabada.

Segundo informou este martes o Executivo asturiano, trátase dunha medida preventiva para evitar que queden sen efecto os esforzos realizados por ambas comunidades para erradicar esta praga nos últimos catro anos.

Os concellos de Castropol, Cudillero, Navia, Pravia, Taramundi e Valdés, onde se mantivo ata agora a prohibición de cultivar pataca, pasarán a ser considerados “zonas tampón“, nas que se poderá sementar, pero os agricultores deberán notificar as súas plantacións para facilitar o seguimiento fitosanitario.

A directora xeral de Desenvolvemento Rural e Agroalimentación, Begoña López, participou hoxe nunha reunión telemática co director xeral de Sanidade de Produción Agraria, Valentín Almansa, e co director xeral de Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros, co fin de acordar as medidas para a erradicación da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora).

López explicou que, tras analizar os datos recolleitos a través da rede de trampeo en cultivos e almacéns, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación deu o visto bo á proposta do Goberno de Asturias, consensuada con Galicia.

O Principado manterá a rede de trampeo xa establecida para seguir monitorizando a posible presenza de couza, tanto en zonas onde está prohibido o cultivo de pataca como nas que está erradicada a praga.

As medidas acordadas hoxe entrarán en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial do Principado (Bopa), o próximo mes de xaneiro.

O VETO CONTINÚA EN DEZ MUNICIPIOS DA MARIÑA

A presenza de couza guatemalteca en Asturias e Galicia detectouse en 2016, cando comezou a loita para erradicala coa prohibición de plantar patacas en concellos onde a rede de trampeo localizou focos, que pasaron a ser declarados zonas infestadas, e o establecemento dos municipios limítrofes como “zonas tampón”.

Para que unha área deixe de estar considerada como infestada é necesario que non se produzan capturas nos dous últimos anos.

A Xunta vén de levantar o veto a plantar pataca en cinco municipios da Mariña, mentres que a prohibición mantense en AlfozBarreiros, BurelaCervoFozO Vicedo, TrabadaViveiroMondoñedo e Xove.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...