IniciosociedadeO funcionariado de Xustiza de Viveiro é o máis produtivo de Galicia

O funcionariado de Xustiza de Viveiro é o máis produtivo de Galicia

Así o indica o artigo do prestixioso avogado especializado en dereito informático, que sitúa os traballadores do partido xudicial no posto 38 entre os máis eficientes do Estado

Publicada o

- Advertisement -

Os funcionarios xudiciais dos Xulgados de Instrución número 1 e número 2 de Viveiro son os máis eficientes de Galicia. Así o indica o artigo do prestixioso avogado especializado en dereito informático José Muelas Cerezuela.

Muelas utiliza datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) para referir os datos de cada xulgado relativos número de asuntos resoltos e pendentes, o que contrasta coa cantidade de recursos dispoñibles, como o número de funcionarios de cada partido xudicial, a fin de calcular o rendemento medio. Deste xeito, o persoal funcionario de Viveiro aparece no posto 38 de produtividade de todo o Estado, á cabeza de Galicia.

Táboa. J. MUELAS CEREZUELA

Na segunda parte da análise de datos, Muelas reflicte os xulgados cunha maior taxa de colapso, é dicir, de asuntos en trámite, entre os que destaca o Partido Xudicial de Monforte.

Táboa 2. J. MUELAS CEREZUELA

Contrastando que as maiores taxas de colapso coinciden en varias ocasións coas de maior eficiencia dos funcionarios, o avogado conclúe que “ante este fenómeno só hai unha explicación posible: os funcionarios traballan como máquinas aínda que, desafortunadamente, a carga de traballo está moi por encima das súas posibilidades; é dicir: faltan medios. A percepción xeral, pois, de que os xulgados funcionan mal é correcta; o que non é correcto é que sexa por mor da incuria dos seus funcionarios”, argumenta.

O TERCEIRO XULGADO, EN ESPERA

Funcionarios do partido xudicial de Viveiro, co apoio do Concello, reivindicaron con insistencia a creación dun terceiro xulgado para unha poboación que supera os 45.000 habitantes, ante a elevada pendencia de causas, especialmente no eido civil. Nos últimos anos constatáronse porcentaxes de carga de traballo con picos de ata o 215% -isto é, máis do dobre que os traballadores poden asumir-, e dun 161% no último informe do CXPX.

Os funcionarios consideran que os datos “veñen ratificar que o traballo no partido xudicial sae adiante pola implicación e profesionalidade dos traballadores da Administración de xustiza”, malia que por agora as Administracións rexeiten a petición formulada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...