O Concello de Cervo, coa achega da Xunta de Galicia, iniciou as obras de remodelación integral da rúa Fonte de San Roque, un espazo peonil dos máis singulares da capital do municipio.
Trátase dun espazo de moito tránsito, que separa a igrexa parroquial e o cemiterio e da Praza do Souto, centro da capital municipal.
O fonte data, alomenos, do 1845, cando se atopa a primeira evidencia no Diccionario Madoz. Foi reformada a mediados do século XX e conserva a antiga figura do santo xunto á actual.
OBRAS
As actuacións consistirán na substitución do pavimento empedrado e na redución das actuais pendentes, coa intención de facer o camiño máis accesible.
O proxecto tamén inclúe a intervención no soterrado do tendido da iluminación pública e a renovación total da rede de sumidoiros. Así, independizaranse as canalizacións de recollida de augas pluviais e residuais.
ORZAMENTO
O orzamento supera os 117.000 euros. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega a metade do investimento.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Alfonso Villares, e de persoal da oficina técnica municipal, vistiaron as obras, que se prolongarán nas vindeiras semanas.