Maxia e concurso de disfraces, reclamos do Samaín de Cervo

A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará a popular festa no ecomuseo o 31 de outubro

Cartel do Samaín de Cervo. AXM

A asociación Fervenza de Sargadelos organizará o vindeiro xoves, 31 de outubro, a primeira edición do Samaín de Cervo.

O evento, que se celebrará no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, comezará ás 18.45 horas, coa actuación do Mago PiÁs 20.00 horas, os asistentes poderán desfrutar dunha chocolatada.

BASES

A partir das 20.30, comezará o concurso de disfracesCada participante no certame deberá ir disfrazado conforme á temática da festa e incluír unha cabaza personalizada para a ocasión.

PREMIOS

A asociación repartirá dous premios, que consistirán en paseos a cabalo no centro equino de Sargadelos Cabaliño de Pao.

DESFILE

Para rematar, desde as 21.00 horas empezará a estántiga das ánimas, que seguirá polo Rego Cachón para acabar na Praza do Souto.

Colaboran no evento o Concello de Cervo, O Caseto de Copa e Cabaliño de Pao.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here