Falece no Hospital da Mariña unha muller de 92 anos diagnosticada de Covid-19

O número de vítimas mortais da pandemia ascende a 1.193 persoas na comunidade galega e a 121 na provincia de Lugo

Hospital Público da Mariña. AXM

Unha muller de 92 anos ingresada no Hospital Público da Mariña e diagnosticada de coronavirus faleceu nas últimas horas no centro hospitalario de Burela. Así o comunicaron a última hora da tarde deste sábado fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

As mesmas fontes informaron tamén doutro falecemento en Galicia, o dun home de 79 anos no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra. Ambos padecían patoloxías previas.

Deste xeito, e de acordo igualmente cos datos a nivel histórico da Consellería de Sanidade, o número de vítimas mortais da pandemia do coronavirus ascende a 1.193 persoas na comunidade galega e a 121 na provincia de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here