Mulleres do rural contan a súa experiencia no vídeo do Observatorio: “se paramos para o mundo”

Testemuñas de distintas xeracións da Mariña lucense narran en primeira persoa as discriminacións de xénero e avances conquistados nunha sociedade machista

Fotograma do vídeo. AXM

Traballadoras de distintos sectores contan as súas experiencias vitais no vídeo que o Observatorio da Mariña pola Igualdade vén de amosar nas redes sociais. ‘Elas tamén contan: voces de mulleres desde o rural‘ recolle as historias de testemuñas de distintas xeracións que narran en primeira persoa as circunstancias vividas polo feito de ser mulleres nunha sociedade machista.

A educación, a actividade laboral, os traballos da casa e os coidados ou a propia posibilidade de expresarse en liberdade son algúns dos aspectos que as mulleres entrevistadas -algunhas delas pioneiras en sectores copados polos homes, como percebeiras ou taxistas- tratan na peza audiovisual.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here