Denuncian a “opacidade” da Xunta respecto da praga da pataca na Mariña

O Sindicato Labrego Galego critica que se descoñece que datos motivan a apertura do cultivo da pataca nuns municipios e o mantemento do peche noutros

Patacas. AXM

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia “opacidade” da Xunta de Galicia nas decisións sobre a praga da couza guatemalteca. A central critica que se descoñece que datos motivan a apertura do cultivo da pataca nuns municipios e o mantemento do peche noutros.

Sobre o recente levantamento da prohibición de plantar pataca nalgúns municipios da Mariña, o SLG lamenta que esta decisión “seguiu o mesmo procedemento que o da súa imposición e a súa prórroga durante este catro anos pasados: a opacidade“.

Tamén di descoñecer por que se emprega o límite municipal fronte ao parroquial á hora de abrir e pechar territorios, xa que denuncia a “inexistencia dunha fonte transparente de datos sobre as capturas” da couza guatemalteca. E é que reproba que a Consellería de Medio Rural non incluíu as organizacións agrarias “nin no deseño da estratexia nin no seu seguimento”, mentres “tampouco foron incluídas as explotacións que se dedican profesionalmente á produción de pataca”. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here