IniciosociedadePiden precaución este xoves na Mariña por un temporal costeiro con ondas...

Piden precaución este xoves na Mariña por un temporal costeiro con ondas de ata oito metros

A Xunta activará a alerta laranxa na bisbarra desde o mediodía e aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo mañá ao mediodía na Mariña lucense e no noroeste e oeste da provincia da Coruña, que pola tarde se estenderá á costa de Pontevedra e ao suroeste do litoral coruñés con ventos do oeste ou do noroeste de forza 7 ou 8 e mar combinada do noroeste con ondas de ata oito metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos Concellos da provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias e paseos marítimos, coa fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (na ligazón anterior), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...