IniciosociedadeFoz e Burela son os únicos concellos da Mariña que contan máis...

Foz e Burela son os únicos concellos da Mariña que contan máis de dez positivos novos nos últimos 14 días

O Hospital da Costa atende a tres pacientes con Covid-19, un máis ca onte, segundo o Sergas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue á baixa: son 771, 17 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 28 novos positivos por PCR.

Dos 771 contaxiados, 31 permanecen ingresados. En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 25 pacientes, entre eles o único da área sanitaria lucense que require de coidados intensivos; o da Mariñatres; e o de Monforte, outros tres.

No histórico da provincia, contabilízanse 133 vítimas mortais da pandemia. A última foi unha muller de 95 anos que faleceu no HULA.

Por outra banda, ata o momento curáronse 5.579 pacientes (déronse 35 altas dende a anterior actualización de datos) e fixéronse 107.103 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 434 probas. O número de casos acumulados ascende a 6.484.

No tocante á situación epidemiolóxica por concellos, só Burela e Foz contan máis de dez casos novos nos últimos 14 días, 12 o municipio burelao e 15 o focego. Cervo sitúase con entre un e nove contaxios detectados no prazo de dúas semanas, ao igual que Viveiro, Xove, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Ribadeo, A Pontenova e RiotortoO Vicedo, Ourol, O Valadouro, Trabada e Barreiros seguen libres de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...