IniciosociedadeViveiro habilita unha carpa ante o centro de saúde para realizar as...

Viveiro habilita unha carpa ante o centro de saúde para realizar as probas de antíxenos

A oficina de turismo permanecerá pechada temporalmente ao ter que pasar corentena o persoal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou a través dun comunicado que colabora co centro de saúde atendendo a petición realizada e facilitándolle unha pequena carpa para poder realizar as probas de antíxenos da Covid-19 sen ter que acceder ao interior das instalacións.

Coa instalación desta carpa, colocada na entrada de urxencias, evitarase que as persoas que deban facer estas probas teñan que acceder ao interior do centro, evitando dalgunha maneira un maior risco de contaxio.

Estas probas de antíxenos realízanse por orde médica e con cita previa a persoas que presenten sintomatoloxía.

O goberno local viveirense informa ademais de que a Oficina de Turismo vai permanecer pechada por contacto directo do seu persoal da oficina cun positivo por Covid-19, atopándose en corentena á espera dos resultados da PCR.

Mentres a oficina permanece pechada, por prevención vaise realizar unha labor de desinfección completa.

Na porta da oficina están os códigos QR de todos os folletos do Concello de Viveiro, por se algún visitante quixera acceder aos mesmos, podendo descargar así mesmo a App do concello na que se pode consultar toda a información.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...