IniciosociedadeAlerta laranxa por temporal costeiro na Mariña este luns, con ondas de...

Alerta laranxa por temporal costeiro na Mariña este luns, con ondas de ata seis metros

A advertencia activarase esta madrugada e prolongarase ata a última hora da tarde do día 14

Publicada o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar a partir da madrugada do luns unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo a partir desta medianoite. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 6 metros, que poden chegar aos 7 metros na provincia da Coruña.

Na Mariña, a alerta amarela activarase sobre esta medianoite, pasando a laranxa sobre as 3.00 horas deste luns, e prolongándose aproximadamente ata as oito da tarde, segundo o prognóstico de Aemet. Posteriormente a bisbarra volverá ao terceiro nivel de advertencia, con ondas dun máximo de cinco metros, ata as 00.00 horas do día 15.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...