IniciosociedadeCervo, crisol de culturas grazas ao programa Erasmus +

Cervo, crisol de culturas grazas ao programa Erasmus +

O Ceip cervense programou viaxes, concertos ou unha masterclass de teatro dentro dun intercambio no que acolleu a estudantes de seis países europeos

Publicada o

- Advertisement -

O Ceip de Cervo exerceu como anfitrión de estudantes de seis países -Lituania, Polonia, Portugal, Grecia, Turquía e Romanía- no segundo intercambio dentro do programa Erasmus + KA219Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating’.

Ao longo da semana que os escolares pasaron en Cervo, o colexio público cervense, en colaboración co Concello e a Anpa, preparou varias actividades educativas, culturais e de ocio para que a experiencia fose para todos o máis enriquecedora posible.

TEATRO

Así, os estudantes poideron desfrutar dunha obra de teatro de Shakespeare recreada polo alumnado do colexio, e doutra representación, neste caso de ‘Tarzan‘, a cargo da compañía Face2Face.

MÚSICA

Tamén gozaron de actuacións musicais, do grupo Pesdelán e das cantareiras de Ledicia e Airiños do Xunco, e dunha masterclass de teatro coa actriz Estibaliz Veiga.

DEPORTE

O colexio tamén programou actividades deportivas, como obradoiros de surf e kayak, xogos tradicionais e un magosto.


VISITAS

Ademais, o centro organizou visitas a lugares como Viveiro, a cerámica de Sargadelos ou Santiago de Compostela, onde os participantes coñeceron o casco histórico e a catedral ou os segredos das funcións teatrais da man do Centro Dramático Galego.

 

ESCRITURA CREATIVA

Ademais, os sete centros participantes elaboraron en conxunto unha canción propia.

O proxecto ten como obxectivo, coñecer a través da escritura creativa, a cultura de cada país e facer fincapé nos vínculos que unen ás distintas nacións europeas

No pasado mes de maio, dúas alumnas e dúas profesoras cervenses participaron do primeiro capítulo do intercambio, en Grecia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...