IniciosociedadeO PP denuncia o "abandono" do campo da Marosa tras levantar o...

O PP denuncia o “abandono” do campo da Marosa tras levantar o vento a cuberta da grada accesoria

Os conservadores apuntan ao goberno local asegurando que o incidente "púidose evitar" co "mantemento" das instalacións

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Burela denuncia “o total abandono” das instalacións deportivas municipais por parte do goberno local despois de que o vento levantase a cuberta da grada accesoria do campo de fútbol da Marosa.

“Que as instalacións deportivas municipais estaban totalmente abandonadas por parte do alcalde Llano e do concelleiro de deportes Fernández Rey era un feito incuestionable, e esta semana quedou demostrado coa desfeita da cuberta da grada accesoria do campo municipal de fútbol da Marosa”, expoñen os conservadores burelaos.

O PP de Burela argumenta que “este feito pasaría por un resultado das inclemencias do tempo, se non fora por que, o estado lamentable destas instalacións, é algo que dende o PP se leva a denunciar durante meses, tralas reunións feitas no seu día coa directiva da SD Burela”.

Os populares fan fincapé en que “a total falta de mantemento das instalacións municipais da Marosa por parte do goberno local fixo que, aquilo que se puido ter evitado, non se fixera provocando un novo absoluto desastre non só na súa xestión se non o que é peor, puido haber provocado un grave accidente tendo en conta a cantidade de rapaces que adestran no campo tódalas semanas”.

REPARACIÓN DA ESTRUTURA DA GRADA PRINCIPAL

“Por certo, nada se sabe aínda da licitación da reparación estrutural da grada principal cando o seu proxecto xa está aprobado e a súa consignación orzamentaria asignada dende este pasado verán”, indican dende o PP municipal.

“Isto é un novo suma e sigue para o señor Llano e para o señor Fernández Rey, que a semana anterior demostraban, no pleno da corporación, a súa total falta de previsión e de traballo no referente ás instalacións deportivas dos centros educativos de Burela, instándose a eles mesmos, mediante unha moción presentada polo propio grupo socialista, a traballaren nesta dirección, algo que roza o ridículo da concepción de funcionamento político das corporacións municipais”, conclúen os conservadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...