IniciosociedadeO Concello defende que a venda do Hospital de Cabanela "dará emprego"...

O Concello defende que a venda do Hospital de Cabanela “dará emprego” e está “avalada polos técnicos”

O goberno local acusa ao BNG de "sementar dúbidas inxustificables" sobre o procedemento, tras solicitar os nacionalistas a súa anulación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo defendeu o expediente de venda a través de subasta pública do antigo Hospital de Cabanela, edificio que adquiriu en 2019 por un prezo de 450.000 euros cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e que sacou a poxa recentemente, despois de que o BNG pedise a anulación do procedemento. O goberno local acusa á formación nacionalista de “danar a imaxe dun proxecto social que xa creou doce empregos e que vai xerar máis”.

A voceira do goberno mindoniense, Ángeles Rodríguez Rico, asegura que o BNG tenta “sementar dúbidas totalmente inxustificables” sobre o proceso de venda do inmoble, polo que ofertou a Fundación Dignidade, empresa que xestiona o centro de menores ubicado nas dúas primeiras plantas do inmoble, e que proxecta un aloxamento turístico e catro vivendas de inclusión.

O goberno municipal, por boca de Rodríguez Rico, di que o Bloque “dedícase continuamente a intoxicar e a facer ruído”, co “único e lamentable resultado de danar a imaxe de proxectos bos para Mondoñedo, e de paso a imaxe do propio municipio”.

“O Bloque primeiro criticou a compra do edificio e agora censura a súa venda. Parece que non saben moi ben por onde andan, porque din que apoian o proxecto, pero, ao mesmo tempo, intentan sementar dúbidas sobre o proceso de venda”, asegura Rodríguez, que sinala que cando o BNG formou parte do goberno “coas súas discusións teóricas absurdas pechou as portas a bos proxectos para a cidade. Agora, con esta ultima rabecha, estase poñendo en fronte dos funcionarios do Concello, non dos políticos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...