A Xunta limita a seis persoas as celebracións de Nadal e recomenda reunirse só conviventes

Galicia permanecerá pechada perimetralmente do 23 de decembro ao 6 de xaneiro

Feijóo, co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XUNTA.GAL

O plan de Nadal deseñado polo comité clínico que asesora á Xunta de Galicia inclúe como recomendación principal que as celebracións se limiten a unha “única unidade familiar”, e que, no caso de que sexa necesario incorporar a algún membro e se teña “que romper por algún motivo” -por exemplo, unha persoa maior que viva soa-, como “máximo” haxa dúas unidades familiares.

En todo caso, o límite que se dispón por se non se cumpre a cuestión das unidades familiares é de seis persoassen contar aos menores de dez anos no cómputo global. “É o último Nadal sen vacina, non o tiremos pola borda”, remarcou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

García Comesaña debullou outras recomendacións: reducir as relacións sociais nos días previos ás reunións para evitar contaxios, que a mesa da cea a coloque unha persoa, non compartir bebidas, a desinfección de mans, as reunións ao aire libre de forma preferente e ventilación con xanelas abertas. Ademais, pediu “non facerse trampas ao solitario”, é dicir, non pasar o 24 e o 25 cunha unidade familiar e o 31 e o 1 con outra, porque iso suporía xuntarse varios núcleos de convivencia. Ademais, adiantou que Galicia permanecerá pechada perimetralmente desde o 23 de xaneiro ao 6 de decembro.

Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here