Viveiro conta 37 positivos novos nos últimos 14 días

Burela mantense en 14 contaxios confirmados nas últimas dúas semanas, por once de Xove

Casco histórico de Viveiro. AXM

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo sobe a 404, tres máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 32 contaxios novos.

Dos 404 positivos, 19 permanecen ingresados (catro menos). O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19 (sen variacións), o centro hospitalario de Monforte un (un menos) e o HULA 15 (tres menos), entre eles os sete da área sanitaria lucense que requiren coidados intensivos.

No histórico da pandemia documéntanse 141 falecementos, 6.205 altas e 6.752 contaxiados. Fixéronse 116.998 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 778 probas. O número de test serolóxicos é de 73.772.

No tocante á situación epidemiolóxica, Viveiro conta 37 positivos novos nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada de entre 150 e 250 contaxios nunha proxección a 100.000 habitantes. En Burela confirmáronse 14 casos nas últimas dúas semanas, por once en Xove. Son os concellos da Mariña con dez ou máis contaxios durante ese mencionado período.

O Vicedo, Ourol, Mondoñedo, Lourenzá e Riotorto son os municipios mariñaos libres de Covid-19.

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

VIVEIRO E.I Municipal Garabatos 1 1 0

BURELA CEIP Plurilingüe Virxe do Carme 1 0 0

CERVO IES Marqués de Sargadelos 1 0 0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 1 0 0

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here