IniciosociedadeViveiro, con 44 contaxios novos en 14 días, e Xove, con 13,...

Viveiro, con 44 contaxios novos en 14 días, e Xove, con 13, superan a taxa de 250 casos por 100.000 habitantes

A alcaldesa, que deu negativo tras someterse a PCR polo contaxio do tenente de alcalde, precisa que hai "40" positivos activos no concello viveirense e que o pasado domingo "só se detectou un"

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 369, dous menos ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 17 positivos novos por PCR.

Das 369 persoas contaxiadas, 20 permanecen ingresadas. O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, por 16 o HULA -entre eles os seis doentes da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e un o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da pandemia documéntanse 141 defuncións, 6.286 altas e 6.798 casos acumulados. Fixéronse 118.424 PCR desde o inicio da pandemia, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 507 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica dos concellos, Viveiro suma 44 positivos novos nos últimos catorce días, cunha taxa de incidencia acumulada de máis de 250 casos por 100.000 habitantes.

Burela e Xove son os outros municipios da comarca cunha cifra por riba dos dez contaxios novos en 14 días, 16 e 13 respectivamente; no caso do termo municipal xovense, tamén se sitúa por riba da taxa acumulada de 250 casos por 100.000 habitantes. Podes consultar o mapa do Sergas nesta ligazón.

OS TRABALLADORES MUNICIPAIS E O RESTO DO EQUIPO DE GOBERNO VIVEIRENSE DERON NEGATIVO

A alcaldesa, María Loureiro, deu negativo na proba PCR á que se someteu tralo positivo do tenente de alcalde da localidade, algo que obrigou a pasar por esta exploración a toda a corporación e a traballadores municipais. Así o confirmou a propia rexedora que, ademais, explicou que o compañeiro afectado atópase “ben” e “non ten ningún síntoma”, resumiu.

O positivo do tenente de alcalde obrigou a realizar test PCR entre o venres, o sábado e o domingo a todo o persoal municipal que tivo “un mínimo contacto con el. Dividimos os contactos naqueles que estiveron con el e foron tomar café e aqueles que estivemos con el pero con máscara e gardando as distancias de seguridade”, constatou Loureiro.

Loureiro realizou a proba o venres “pola noite” e xa o sábado comunicáronlle que era negativa en coronavirus. Dado que o seu contacto non foi estreito, non ten que estar “nin confinada, nin en corentena, segundo o protocolo do Sergas”. “Só coincidín con el un día dez minutos e outro día cinco minutos e foi con distancia”, explicou.

ABROCHO LOCALIZADO NA GARDERÍA, CON DEZ POSITIVOS NUNHA FAMILIA

Os traballadores municipais e os membros do equipo de goberno deron todos negativo. As persoas que estiveron máis en contacto estreito co tenente de alcalde os últimos días están en corentena desde o sábado á espera dunha segunda PCR de confirmación e o resto, en seguimento do protocolo da Consellería de Sanidade da Xunta, fan vida normal coas pertinentes medidas de seguridade e hixiene, segundo concretaron fontes municipais.

En canto ao concello, Loureiro recordou que a pasada semana produciuse un brote “con orixe na gardería“, no que deu positivo unha nena e dez dos seus familiares.

Nestes momentos, dixo a regidora, o municipio ten “corenta positivos“, aínda que van remitindo, dado que, por exemplo, este domingo só se detectou un. “Desde a pasada semana véñense facendo moitas PCR, e iso é fundamental para cortar abrochos”, resolveu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...