IniciosociedadeXove suspende os actos do programa de Nadal ante o aumento de...

Xove suspende os actos do programa de Nadal ante o aumento de casos de Covid-19

Esta fin da semana estaban previstas a proxección do filme de Xacio Baño e unha obra de teatro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove emitiu este xoves un comunicado no que, ante o número de casos de Covid-19 detectados no municipio, un total de 25 novos nos últimos 14 días, comunica que decidiu suspender as actividades do programa de Nadal previstas.

“Loxicamente, tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. Polo tanto, suspendemos a videoproxección da curtametraxe de Xacio Baño, ‘Augas Abisais‘, que estaba prevista para este sábado 26 de decembro, e tamén suspendemos a función de teatro de Pico do Castro con ‘O Terapeuta‘ que estaba prevista para este domingo 26 de decembro”, explicou o goberno local xovense.

A taxa de incidencia acumulada do coronavirus en Xove sitúase por riba dos 250 positivos nunha proxección a 250.000 habitantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...