IniciosociedadeA Deputación fará esta fin de semana un cribado masivo na residencia...

A Deputación fará esta fin de semana un cribado masivo na residencia de Trabada tralo positivo un usuario

O goberno provincial critica que a Xunta rexeitase realizar PCR á totalidade de residentes e traballadores ata o vindeiro martes

Publicada o

- Advertisement -

Deputación de Lugo comunicou este venres que realizará entre mañá sábado e o vindeiro domingo un total de 54 probas PCR -27 a residentes e 27 a traballadores- no centro de maiores de Trabada, despois de que se detectase un caso entre os usuarios.

O goberno provincial valora a posibilidade de que se trate dun “falso positivo“, expón nun comunicado, e concreta que tanto a persoa infectada como os traballadores do centro que tiveron contacto con ela permanecen illados desde o pasado día 24, cando se coñeceu o caso.

A “DILATACIÓN” NO TEMPO DAS PROBAS CONLEVA “UN RISCO”, SINALA O EXECUTIVO PROVINCIAL

A Deputación critica que a Xunta de Galicia comunicase que “non realizará probas PCR á toda a comunidade do centro de maiores ata o vindeiro martes, 29 de decembro, co cal pasarían cinco días desde a detección do caso positivo, polo que esta dilatación no tempo supón un risco tratándose dun colectivo tan vulnerable fronte a esta pandemia“.

Deste xeito, iniciará as probas a fin de “tratar de detectar canto antes a orixe do contaxio e minimizar o posible o impacto da pandemia no centro”. Unha vez se teñan os resultados, conclúe o goberno provincial, “valorarase se é necesario novas medidas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...