IniciosociedadeAlerta máxima este domingo na Mariña por fortes ventos e ondas de...

Alerta máxima este domingo na Mariña por fortes ventos e ondas de 10 metros

Os ventos poden superar os 100 quilómetros por hora.

Publicada o

- Advertisement -

Un temporal costeiro de vento e ondada deixará en alerta máxima este domingo ao litoral da Coruña e Lugo, onde se prevé un mar combinado de oeste que deixará ondas de entre 8 e 10 metros a partir da noite do domingo.

Con todo, segundo a previsión de Meteogalicia, a situación no mar motivará que xa desde primeira hora da mañá estean activos avisos en toda a costa de Galicia. Deste xeito, A Mariña estará en aviso laranxa por ventos de oeste de forza 8 con intervalos de 9 a partir das 06,00 horas do domingo.

O aviso elevarase ao máximo nivel (identificado a cor vermello) a partir das 21,00 horas e manterase, polo menos, ata a noite do luns. Ademais da ondada tamén se agardan fortes ventos na Mariña con refachos de máis de 100 quilómetros hora, así como ventos de forza oito con intervalos de 9 a partir da mañá do domingo.

AVISO NO INTERIOR

Ademais, o temporal tamén se deixará notar en zonas do interior, o que levou ás autoridades a decretar o aviso amarelo por ventos en case toda a provincia da Coruña e Lugo ao longo das horas centrais do día.

Un aviso que será laranxa na montaña de Lugo e Ourense, onde tamén se agardan refachos de vento de ata 100 quilómetros por horas nun domingo que dará paso a un luns que deixará nevadas nestas zonas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...