IniciosociedadeVentos de máis de 153 K/h no Xistral polo temporal Bella

Ventos de máis de 153 K/h no Xistral polo temporal Bella

Tamén se superaron os 140Km/h en Viveiro e máis de 110 na Pontenova.

Publicada o

- Advertisement -

Galicia empezou a notar os efectos da borrasca ‘Bella’ na tarde deste domingo con refachos de vento que superaron os 150 quilómetros por hora tanto en puntos da costa como no litoral, especialmente, na zona da Mariña, que permanece en alerta máxima por temporal marítimo.

O refacho máximo de vento rexistrada polos medidores de Meteogalicia alcanzouse no interior, en concreto, no alto do Xistral, en Muras, onde ás 18,40 horas deste domingo alcanzáronse os 153,9 quilómetros hora.

En Punta Candieira de Cedeira, outro dos puntos da xeografía galega que adoita rexistrar máximas de vento, chegouse aos 143,5 quilómetros horas ás 18,00 horas. Vinte minutos despois, en Penedo do Galo —Viveiro–, rexistrouse un refacho de 142,6 quilómetros hora, mentres que en Ortigueira e A Pontenova os ventos rozaron os 110 quilómetros hora tamén este domingo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...