IniciosociedadeO Concello estuda recorrer o fallo do Celeiriño por unha indemnización "insuficiente"

O Concello estuda recorrer o fallo do Celeiriño por unha indemnización “insuficiente”

O xuíz rexeita unha compensación pola compra de casas aos propietarios e o goberno local afirma que a Xunta "pide cada ano" os 900.000 euros achegados

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, sinalou que o goberno local estuda recorrer a sentenza que obriga á promotora e a tres técnicos do edificio do Celeiriño a indemnizar ao Concello con 429.560 euros polos danos ocasionados no barrio.

A compensación que establece o fallo, contra o que cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, queda lonxe da petición do Concello, que solicitaba unha indemnización de 1,3 millóns de euros polos danos e prexuízos ocasionados.

A cantidade solicitada polo goberno local incluía o importe -arredor de 900.000 euros– que achegou a Xunta de Galicia para a compra de novas vivendas para os oito veciños -un deles renunciou- cuxas casas quedaron en estado de ruína.

Segundo a sentenza, o Concello deberá ser indemnizado pola demolición dos inmobles, o aluguer de apartamentos ou gastos de hotel para os prexudicados e polo prezo dos pisos declarados en ruína.

Sen embargo, o fallo non contempla indemnización pola compra de casas para os propietarios, que “non teñen dereito a percibir unha vivenda nova senón o importe que represente o valor que tiñan as súas vivendas no momento previo ao evento que causou o dano, para cuxa fixación débese atender ao estado de conservación dos inmobles e á antigüidade das mesmas”.

Así pois, a compensación que recibirá o Concello neste ámbito redúcese a 283.858 euros. “Isto non é suficiente para satisfacer a débeda coa Consellería de Vivenda, que nos reclama a cantidade achegada ano tras ano”, espuxo Loureiro.

O CONCELLO, ABSOLTO

A rexedora resalta que o maxistrado declara “a ausencia de responsabilidade” do goberno de Viveiro e lembra a demanda interposta e as críticas verquidas por este asunto polo anterior líder do PP municipal, César Aja, contra o predecesor de Loureiro, o falecido Melchor Roel.

Esta sentenza demostra que actuamos conforme a dereito e sempre cos informes técnicos municipais na man”, conclúe a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...