IniciosociedadeAdxudicado o proxecto para instalar unha sala de fisioterapia no centro de...

Adxudicado o proxecto para instalar unha sala de fisioterapia no centro de saúde de Mondoñedo

A empresa adxudicataria do contrato deberá entregar en xaneiro o plan e daquela poderá licitarse a obra, cun orzamento de 50.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou á tenente de alcalde de Mondoñedo, Elena Candia, dos avances no proceso para que o centro de saúde mindoniense conte cun espazo para albergar os servizos de fisioterapia, segundo expuxo o goberno local nun comunicado.

A Xunta, de acordo coa nota do Concello, adxudicou o pasado 18 de decembro o contrato do proxecto de obra para a implantación dunha sala de fisioterapia neste centro de saúde.

A obra consistirá na instalación dunha sala de exercicios con tres boxes de tratamentos para electroterapia, microondas e ondas de choque, e o resto da sala para a localización de dúas padiolas de tratamentos, dous ergonómetros, unha mesa de mans, unhas espalderas dun metro, paralelas, escaleira con rampla e o resto de material, así como dous aseos adaptados con vestiario con seis cabinas cada un. Ao non dispoñerse de consulta para a fisioterapeuta dispoñerase no ximnasio dun posto administrativo con conexión a rede corporativa.

A empresa adxudicataria do contrato deberá entregar en xaneiro o proxecto e, unha vez supervisado polo Sergas, poderá licitarse a obra, cun orzamento estimado duns 50.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...