IniciosociedadeNovo récord na taxa de positividade do virus que duplica a recomendada...

Novo récord na taxa de positividade do virus que duplica a recomendada pola OMS, 10,6%

Na provincia aumentan os novos casos, os positivos e os ingresados en hospitais.

Publicada o

- Advertisement -

O número de positivos novos diarios mantense en Galicia por entiba dos 400 por cuarta xornada consecutiva, mentres que tamén segue en aumento a presión hospitalaria, con nove ingresados máis dos que había hai 24 horas. Así se desprende dos datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do venres, que reflicten que ata ese momento detectáronse 412 casos de covid-19 en 24 horas, 29 menos que na xornada anterior.

Tamén continúa á alza o total de casos activos, pois se suman 56 máis este sábado, o que deixa o cómputo en 5.833. Ademais, Galicia rexistrou na última xornada a segunda taxa de positividade máis alta da segunda onda da pandemia cun 10,6% de casos de coronavirus detectados nas 4.429 probas PCR practicadas (2.508 menos que o día anterior). Nos hospitais soben a 354 os ingresados con diagnóstico covid-19, dos cales 57 atópanse en UCI (dous máis).

A área de Lugo contabiliza 16 pacientes covid-19 ingresados nos seus hospitais (un máis), dos cales dous están na unidade de críticos (sen cambios). En canto a positivos diarios Lugo rexistrou 39, sete máis.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que manteñen a infección por covid-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 56 ata os 5.833. En Lugo mantéñense á alza os casos activos con 475 (12 máis.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...