IniciosociedadeMellora a situación nas residencias de Xove e de Ribadeo

Mellora a situación nas residencias de Xove e de Ribadeo

Con todo a residencia San Bartolomé de Xove e a residencia hospital asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo son as que máis casos rexistran de Galicia, despois do centro de Vimianzo.

Publicada o

- Advertisement -

Os casos de covid-19 en usuarios de residencias galegas descende de forma mínima este sábado ao producirse tres novos positivos, tres altas e un falecido que deixan o cómputo global en 134, un menos que hai 24 horas. Así se desprende do parte da Consellería de Política Social deste sábado con datos solicitados ata o venres.

En concreto, súmanse ao total de usuarios afectados tres residentes no centro Moledo de Vigo. Pola súa banda, saen do cómputo por negativizar tres usuarios das residencias CRAPD Vigo 2, San Bartolomeu de Xove e Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo.

A DomusVi Vimianzo segue sendo a que máis contaxiados ten. Contabiliza un total de 57 casos de covid-19. Séguelle a residencia San Bartolomeu de Xove, con 15; a residencia hospital asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, con 12, e a Moledo de Vigo, con 11.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...