Cinco novos casos na residencia de Xove, tres de maiores, e un usuario contaxiado en Burela

Tamén se detectou unha infección entre as traballadoras do xeriátrico de Foz e outra entre o persoal do centro de maiores de Trabada, que a Deputación descarta como un falso positivo

Tarefas de desinfección en Burela. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informa no reconto deste martes dun total de 53 casos de Covid-19 nas residencias da Mariña Lucense, con novos casos en Burela, Foz ou Trabada, onde a Deputación de Lugo concretou que o contaxio dunha traballadora trátase dun falso positivo, pois nunha proba posterior á diagnose deu resultado negativo.

Ademais, localizouse un novo caso entre o persoal do xeriátrico de Foz, entre os maiores do centro de Burela –que recibiron semanas atrás a primeira dose da vacina, estando pendentes da segunda-, e cinco novos positivos en San Bartolomeu (Xove), tres deles de residentes. Nesta última residencia faleceu onte unha usuaria -que fora trasladada a Ourense- e recibiron a alta dous usuarios.

Por outra banda, o Concello de Ribadeo comunicou que hai dous novos positivos por covid-19 no Hospital Asilo. Trátase dunha usuaria e dunha traballadora. A primeira foi trasladada a Santiago ao Cegadi e a segunda está gardando confinamento no seu domicilio.

Hoxe estase a realizar un novo cribado xeral para comprobar a progresión do gromo detectado hai preto de 15 días no Hospital Asilo ribadense.

MAIORES

1 Residencia de Maiores de Burela

20 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

14 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Residencia de Foz

4 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada

1 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here