IniciosociedadeDoce novos maiores contaxiados na residencia de Xove; comeza a vacinación no...

Doce novos maiores contaxiados na residencia de Xove; comeza a vacinación no xeriátrico de Foz

No xeriátrico San Bartolomeu documentáronse tres altas desde a anterior actualización, polo que o número de positivos ascende a 23, cun caso máis nos apartamentos tutelados

Publicada o

- Advertisement -

O número de maiores positivos por coronavirus na residencia San Bartolomeu de Xove aumenta a 23; son nove máis dos documentados onte, despois de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunicase este xoves 7 de xaneiro doce casos novos e tres altas no xeriátrico xovense. Ás 23 infeccións hai que sumar unha máis nos apartamentos tutelados, que xestiona igualmente a Fundación San Rosendo.

O aumento dos positivos no xeriátrico explica en parte o aumento dos casos no municipio xovense, con 99 contaxios confirmados nas últimas dúas semanas.

Con respecto ao Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo), onde se documentou outro gromo de importancia, no reconto non se reflicten novidades. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, asegura que o último cribado xeral realizado a traballadores e usuarios deu negativo; iso quere dicir, argumenta, que “este gromo non vai a máis e isto tamén nos permite pensar que se produciu o punto de inflexión a partir do cal as cousas han ir indo paseniñamente a mellor”.

O rexedor asgura que unha das persoas residentes que fora traslada ao Cegadi, a Santiago de Compostela, recibe hoxe a alta e volve ao Hospital Asilo de Ribadeo. Deste xeito, o total de positivos nos centros de maiores da Mariña é de 63.

MAIORES

1 Residencia de Maiores de Burela

19 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

23 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Residencia de Foz

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

A Deputación Provincial de Lugo afirmou nun comunicado que o contaxio localizado entre o persoal da residencia de Trabada trátase dun falso positivo, posto que a persoa supostamente infectada deu negativo nunha PCR realizada posteriormente á diagnose.

“UN ALIVIO” TRAS MESES DE TENSIÓN

Por outra banda, comezaron as vacinacións na residencia de Foz, segundo concretou o goberno local.

O alcalde, Fran Cajoto, declarou que “a vacinación dos maiores da residencia constitúe un gran alivio para todos: é un colectivo de gran risco, por idade e por patoloxías de cada un, e constituíu desde o inicio unha das grandes preocupacións na pandemia. Foron meses difíciles, en distintas ocasións os residentes tiveron que ser confinados nas súas habitacións, con todas as incomodidades que isto supón. Neste sentido quero agradecer o esforzo feito por todos os traballadores da residencia: non é fácil soportar unha situación de tensión durante tantos meses”, remarcou o rexedor, que pediu á poboación do municipio “a máxima das responsabilidades, que se eviten aglomeracións, que nos esquezamos de festas particulares ou de xuntanzas. Un mal comportamento duns poucos pode derivar en problemas de saúde e nunha crise económica moi forte aos nosos veciños”, apuntou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...